xoves, 23 de novembro de 2017

25 NOVEMBRO

 Una agresión sexual nunca es culpa de la víctima.
“Denuncia”, “plántate”, “chama ao 016”, “non te cales”. Historicamente, as campañas sobre denuncia e prevención de violencia de xénero dirixíronse á vítima e case nunca vemos campañas que sinalen ao culpable: o que exerce esa violencia.
Pero as cousas poden cambiar se as corriximos.
 




 

mércores, 22 de novembro de 2017

TAL COMO ERAMOS (I)

 
Entregade a resposta na biblioteca co nome da persoa e o libro aquí agochado.
O prazo para a actividade será de 15 días a partir de hoxe.
Moita sorte.

TAL COMO ERAMOS

Con este concurso recuperamos un éxito de anos atrás. En que consiste o reto?
En adiviñar:
  1. Quen se agocha na foto que vos ofrecemos. Alguén do cole que, por suposto, coñecedes.
  2. De que libro falamos.
Así de simple. A que esperades? Teredes que entregar a resposta na biblioteca e listo!
Moita sorte.

DOUTRO XEITO

Cando esquecemos a táboa de multiplicar...

Vía Verne

luns, 20 de novembro de 2017

A TER EN CONTA

Un de cada catro mozos ve “normal” a violencia de xénero na parella. Continuar lendo... 
Por iso debemos recordar que, en 15 anos, morreron máis de 900 mulleres a mans das súas parellas.
E, se miramos á actualidade, co xuízo á "manada" por violación múltiple, quizais conveña insistir en que só hai un culpable das agresións sexuais e non, non son as mozas.

venres, 17 de novembro de 2017

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Neste espazo ofrecemos seis elementos motivadores cos que debatir e sensibilizar e, ademais, un banco de recursos. 
É importante detectar a desigualdade para loitar contra ela; só educando e igualdade de homes e mulleres estaremos contribuíndo a reducir e eliminar a secuela da violencia de xénero.
1.- ¡Qué niña tan bonita!
Curta de Alicia Ródenas con texto de Ro de la Torre coa que se presentou á sétima edición do concurso de curtas do instituto Diego Siloé de Albacete.
Ao longo do vídeo, a moza le cen frases ás que cada muller está exposta desde a súa nenez; entre outras: "Se te ven xogar cos mozos chamaranche marimacho" ou "Non sexas tan bruta xogando, pareces un neno".
 
2.- Sexismo no deporte
"Poderías dar unha volta para nós e dicirnos algo sobre o teu vestiario?"
Esta é unha de tantas preguntas que os xornalistas deportivos lles fan ás atletas e que recolle a campaña #CovertheAtlete.
Pois ben, como reaccionarían eles de seren tratados do mesmo xeito?
3.- As nenas poden
Campaña que nos invita a todos para que a igualdade desde a infancia sexa un obxectivo prioritario.
4.- De par... en par
Trátase da campaña do SAAMA (Servizo de Apoio e Atención contra o Machismo). Cos textos de Neus Nebón  e as ilustracións de Tania Acuña, este vídeo serve como test a todas esas condutas do día a día que forman parte da pirámide machista que remata na violencia contra as mulleres.
5.- Experimento social
Camiñar polas rúas dunha gran cidade como Nova York resulta insoportable se a persoa acaba sendo branco de acoso, disfrazado de 'simple cumprimento'.
Como parte da súa última campaña, a plataforma Hollaback!, que loita contra o acoso, condensou 10 horas de gravación neste vídeo no que a actriz Shoshana Roberts experimenta a crúa realidade coa que moitas mulleres se enfrontan cada día.

6.- Como actuamos ante a violencia machista?
Todo o mundo rexeita, sen ningún tipo de paliativos, a violencia contra as mulleres. Pero, que acontece cando somos testemuñas en primeira persoa deste tipo de agresións?

A compañía sueca STHLM Panda decidiu comprobar a reacción da xente ante a violencia de xénero. Cunha cámara oculta instalada nun ascensor, un home ameaza e agride a súa suposta parella, ante unha testemuña.
Abonda con ver o vídeo para comprobar que, aínda que a opinión e actitude da maioría cidadá é totalmente contraria a este tipo de violencia, á hora da verdade, non se actúa en consecuencia. Só unha das 53 vítimas da cámara oculta reacciona ante a agresión.
Na biblioteca, ese día, con marcapáxinas, música, libros e audiovisuais intentaremos sensibilizar, previr ou detectar situacións de risco.

mércores, 8 de novembro de 2017

DE FESTA!!

En Secundaria tivemos, a tarde do luns, un dous por un: MAGOSTO+SAMAÍN.
Por esta mistura, non foi raro ver disfraces terroríficos asando as castañas ou participando na proba de orientación que prepararon os profes de Educación Física e a profe de extraescolares.











RESOLUCIÓN CONCURSO MES BIBLIOTECA

A gañadora do concurso "15 retos para outubro" foi:
Wenjing Cheng (4º ESO)

xoves, 2 de novembro de 2017

EDUARDO PONDAL EN CINCO MINUTOS

A fundación Eduardo Pondal xunto con Asubío Média ilustran en cinco minutos a vida de Eduardo Pondal.
Este traballo audiovisual estará dispoñible en galego, castelán, catalán, portugués e euskera, intentando así que o coñecemento da vida do poeta teña un maior alcance.

CONCURSO NADAL

DECORAMOS A PORTA DA BIBLIOTECA
Ao igual que fixemos en cursos pasados, queremos decorar a porta da biblioteca para o Nadal coa vosa colaboración.
Bases:
  • Participantes: a participación será individual ou en grupo (máximo 4 persoas).
  • Prazo: a data límite para entregar na biblioteca os proxectos será o 30 de novembro.
  • Tema: o Nadal. 
  • Procedemento: realizarase o deseño nun folio no que, ademais, se expliquen os materiais empregados na súa realización. Lembrade que ha de ser papel, cartón, cinta, algodón, ou calquera material fácil de conseguir e económico.
  • Xurado composto por
  • Un membro do equipo da biblioteca.
  • Un membro do Equipo Directivo
  • A profesora de Educación Plástica e outro profesor/a do centro
  • Un delegado ou subdelegado elixido de entre os non participantes.
  • Gañador: elixirase un único premiado de entre todos os traballos presentados. 
  • Premios: realización do deseño na porta da biblioteca. Un agasallo a elixir entre: un Mp4, unha selección de libros, un videoxogo educativo, material escolar (arquivador, pen drive…)
Aquí tedes algún modelo: