12 de feb. de 2012

BUILD-A-BODY; CORPO HUMANO INTERACTIVO

Aínda que en inglés, Spongelab preséntanos esta incrible actividade, chamada “Build A Body”, recentemente premiada pola National Science Foundation.
O obxectivo: construír un corpo humano na súa totalidade, sistema por sistema, ordenando unha a unha todas as súas partes e órganos.
A aplicación conta con distintas pestanas dos diferentes aparatos e sistemas do corpo humano: respiratorio, dixestivo, circulatorio... Unha vez seleccionado, unicamente debemos arrastrar os diferentes elementos á súa ubicación correcta; emítese un sinal sonoro no caso de que non atinemos a colocalos correctamente.
Ademais, nas ferramentas, hai unha pestana chamada “case study” na que podemos investigar certas patoloxías: que lles pasa aos celíacos, que ocorre na intolerancia á lactosa...
Para acceder, AQUÍ

Ningún comentario:

Publicar un comentario