mércores, 18 de decembro de 2013

CALENDARIO DO LIBRO E DA LECTURA, 2014

Con motivo da celebración do Día das Librerías (último venres de novembro), a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria distribúe o Calendario do Libro e da Lectura 2014, unha lámina coas datas máis sinaladas arredor dos libros.

Como principal novidade, establécese a conmemoración do Día do Usuario/a das Bibliotecas, o 11 de xaneiro, e do Día da Ilustración, o 30 de xaneiro, coincidindo co aniversario do nacemento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Ademais destas novas datas, o calendario lembra outras:
  • 1 de marzo: bicentenario do nacemento de Frei Rosendo Salvado.
  • 21 e 27 de marzo: Día Internacional da Poesía e do Teatro, respectivamente.
  •  23 de abril: Día do libro.
  • 17 de maio: Día das Letras Galegas, con Xosé Díaz Castro.
  • 25 de setembro: 160º aniversario do nacemento de Leiras Pulpeiro.
  • 1 de outubro: 130 anos do nacemento de Vicente Risco.
  • ...

venres, 13 de decembro de 2013

GUÍAS DE NADAL 2013

Para o frío destes días, pouco máis hai que roupa de abrigo, un bo lume, unha bebida quente... Todo anima a non saír á rúa e quedar na casa; por iso, as nosas recomendacións: libros, moitos libros.
GUÍA INFANTIL/PRIMARIA

GUÍA ESO

xoves, 12 de decembro de 2013

NADAL 2013

Na biblioteca comezamos xa a celebrar o Nadal coa nosa árbore de lecturas.
Pasade a vela.

luns, 9 de decembro de 2013

BIBLIOTECAS MÓBILES

Como se pode comprobar nas imaxes, o servizo dunha biblioteca pódese desenvolver dende un camelo, un "biblioburro", un coche ou incluso antigos surtidores de combustible reciclados.
Sexa cal sexa a maneira, todos levan libros aos lugares máis remotos. Dende logo, calquera fórmula é boa para conseguir que os libros estén nas mans de todos.

domingo, 8 de decembro de 2013

ADEUS A MANDELA


Aproveitando a proximidade do Día dos Dereitos Humanos, incluiremos unha actividade centrada na súa figura.
Fonte da imaxe: Rosana Rodiles, da Biblioteca Escolar Xoan Farias (C.E.I.P. de Pazos)

xoves, 5 de decembro de 2013

OS MÁIS... DOS CLUBS DE LECTURA

A Asesoría de Bibliotecas Escolares vén de publicar tres listaxes: a dos autores máis lidos, a das lecturas de máis éxito e a das linguas máis empregadas nos clubs de lectura durante o curso 2012/2013.
  • Velaquí os 35 autores máis lidos (con distintos títulos):
  • Velaquí os 50 títulos que máis se repiten:
  • Sumadas as lecturas, en función do idioma, feitas polos grupos de lectura dos 222 centros, velaquí os datos:

martes, 3 de decembro de 2013

domingo, 1 de decembro de 2013

CLUB DE LECTURA

Comezamos coa presentación do club de lectura na biblioteca.
E, a continuación, puxemos en marcha o noso proxecto "Navegando entre libros".
Algún dos grupos xa ten lecturas, pero tamén se admiten suxestións.

sábado, 30 de novembro de 2013

DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS

10 de decembro, DÍA DA DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS
RECOMPILACIÓN DE RECURSOS
  • Con motivo do seu pasamento, podemos aproveitar a data para reflexionar sobre a figura de Nelson Mandela.
  • Para entender a súa filosofía, están as súas frases.
  • Análise de viñetas que teñen que ver cos dereitos humanos.
  • Dinamización Lingüística tráenos a exposición 9 retos de "Educación Sin Fronteras" co fin de analizar as inxustizas e desigualdades. Os que acudan a vela terán unha caza do tesouro final.
  
  • Dinamización tamén propón a película: Binta y la gran idea. (Está o material na sala de profesores).
  • Outras actividades:
  • Documentais
Amnistía Internacional
El viaje de Said

mércores, 27 de novembro de 2013

CORPO EN 3D

Human Body maps ofrécenos modelos 3D interactivos para a aprendizaxe da anatomía humana.
Mapas do corpo, masculino ou feminino, que permiten facer zoom en partes específicas ou velo como un todo, dende as capas máis superficiais como a pel, ata os sistemas reproductor, esquelético, circulatorio...


martes, 26 de novembro de 2013

MENOS SEXISMO NO DICIONARIO DA RAE

A RAE suprime acepcións machistas no dicionarioAlguhna das que serán modificadas na edición de finais do 2014 serán:
  • "Gozar: Conocer carnalmente a una mujer.
  • Hombre: Ser animado racional, varón o mujer. / Individuo que tiene las cualidades consideradas varoniles por excelencia, como el valor y la firmeza.
  • Mujer: Persona del sexo femenino. / Que tiene las cualidades consideradas femeninas por excelencia.
  • Femenino: Débil, endeble.
  • Masculino: Varonil, enérgico.
  • Padre: Varón o macho que ha engendrado. / Cabeza de una descendencia, familia o pueblo. / Padre de familia: jefe de una familia aunque no tenga hijos.
  • Madre: Hembra que ha parido. / Madre de familia: mujer casada o viuda, cabeza de su casa."
Fonte: El País.

venres, 22 de novembro de 2013

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O luns 25 de novembro, durante os dous recreos, proxectaremos na biblioteca audiovisuais sobre a tiranía da beleza, o burka, as campañas de sensibilización... 
Ademais, os alumnos de Atención Educativa repartirán, entre toda a comunidade educativa, este lazo que deseñaron para a ocasión.
Se pinchades aquí, podedes atopar máis alternativas de traballo para a aula.

CASSANY, LECTURA CRÍTICA

Daniel Cassany fala sobre Lectura Crítica nas xornadas sobre "Competencia Lectora: camiños para conseguir lectores competentes", organizadas pola asesoría de Linguas do País Vasco.

mércores, 20 de novembro de 2013

ASINARÍAS ESTE CONTRATO POR UN iPHONE?

¿Que rapaz de hoxe en día, chegada certa idade, non implorou, suplicou e pregou que lle compraran un móbil?
Ben o sabe Greg Hoffman que, con 13 anos, levaba tempo suspirando por un, ata que, polo último Nadal, recibiu o seu desexado iPhone.
Pero non viña só, senón que viña acompañado dun contrato redactado pola súa nai, Janell Hoffman:
"Feliz Nadal! Agora es o orgulloso propietario dun iPhone. Pero coa aceptación deste presente veñen algunhas regras e regulacións".
A nai incluíu un contrato con 18 regras a seguir se o rapaz quería conservar o seu valioso móbil. Estas son algunhas:
  • Debes entregarnos o teléfono ás 19 h 30 cada día de colexio e ás 21 h a fin de semana. Estará apagado toda a noite e volverase acender as 7 h 30. Respecta os horarios das outras familias, como nós queremos que se nos respecte.
  • Non irás ao colexio con el. Os días de media xornada, as excursións e as actividades extraescolares requirirán consideracións especiais. 
  • Se cae, se golpea ou se esfuma no aire, es o responsable dos custos de substitución ou reparación. Terás que estar preparado para este imprevisto.
  • Non uses a tecnoloxía para mentir, facer parvadas ou enganar. Non te involucres en conversacións que sexan daniñas para os demais. Se un bo amigo.
  • Non envíes mensaxes, correos electrónicos ou digas a alguén algo que non lle dirías en voz alta e en presenza dos seus pais. Autocensúrate.
  • Non envíes nin recibas imaxes das túas partes íntimas ou das partes íntimas de calquera outra persoa. Non te rías. Algún día estarás tentado de facelo, a pesar da túa grande intelixencia. É arriscado e pode arruinar a túa vida adolescente/nova/adulta. É sempre unha mala idea.
  • Perderás o rumbo. Quitareiche o teléfono. Sentaremos e falaremos sobre iso. Volveremos empezar. Ti e eu sempre estamos aprendendo. Estou no teu equipo. Estamos xuntos nisto
A carta remata:
"Espero que poidas aceptar estes termos. Moitas das leccións aquí recollidas non se aplican só ao iPhone, senón á vida. Estás a medrar nun mundo que cambia rápido. É apaixonante e tentador. Fai as cousas sinxelas. Confía na túa poderosa mente e no teu grande corazón por enriba de calquera máquina. Quérote. Espero que goces do teu novo e espectacular iPhone. ¡Feliz Nadal!".
Fonte: EL COMERCIO.com

XOGANDO COAS MATEMÁTICAS II

Se recordades unha entrada anterior, presentabamos unha proposta do Departamento de Matemáticas e a biblioteca do IES Pazo da Mercé (As Neves).
Pois aquí vai a segunda entrega: sabiades que os números tamén teñen ángulos? Fixádevos ben nesta imaxe !
E tamén unha canción:
Seguirémoslle a pista ás seguintes propostas.

APRENDEMOS AS TÁBOAS

Neste symbaloo temos máis de 50 xogos para estudar e praticar as táboas de multiplicar.
Algún nos poderá gustar, non si?

martes, 19 de novembro de 2013

PREMIO CERVANTES 2013

A escritora mexicana Elena Poniatowska (París, 1932) é a recente gañadora do Cervantes 2013.
O premio, considerado o Nobel español, recoñece a figura dun escritor que, co conxunto da súa obra, contribuíra a enriquecer o legado literario hispano.
A activista e xornalista mexicana é unha prolífica escritora; algunha das súas obras é: “Lilus Kikus”, “Todo empezó el domingo”, “Hasta no verte, Jesús mío”, “La vendedora de nubes” ou “Leonora”.

luns, 18 de novembro de 2013

xoves, 14 de novembro de 2013

PREMIO NACIONAL DAS LETRAS, 2013

O escritor Luis Goytisolo foi galardoado co Premio Nacional das Letras 2013 concedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte en recoñecemento a toda a súa obra literaria.
Luis Goytisolo (Barcelona, 1935) alcanzou a fama coa súa primeira novela, Las afueras, e o seu nome converteuse nun dos de maior prestixio da narrativa contemporánea. É autor de obras fundamentais como Antagonía, Fábulas, Liberación, Oído atento a los pájaros...
O escritor catalán, renovador dende os anos 70 da literatura en español, foi distinguido por toda a súa obra "sempre comprometida coa busca de novos territorios literarios.

TAL COMO ERAMOS!!!

Recordades? O reto consiste en adiviñar:
  • Quen se agocha na foto. Por suposto alguén do cole que coñecedes sobradamente.
  • De que libro falamos.
Así de simple. Teredes que entregar a resposta na biblioteca e listo! Aquí está o primeiro reto deste curso:

mércores, 13 de novembro de 2013

luns, 11 de novembro de 2013

VIDEOCONFERENCIA PARA 4º ESO

Organizada polos Dptos de Ciencias, Física e Química e Matemáticas, o martes 12 de novembro ás 12:30, o alumnado de 4º de ESO poderá seguir, dende a biblioteca, a videoconferencia do Director do Programa ConCiencia, Jorge Mira Pérez (Doutor en Física e Catedrático da Área de Electromagnetismo do Dpto de Física Aplicada da USC).
Baixo o título "Como medir tamaños e distancias da terra, a lúa e o sol", Jorge Mira contaranos como fixeron os gregos para saber o tamaño do mundo que habitamos e calcular a distancia á lúa e ao sol e os seus tamaños, usando só o bo hábito de observar con coidado o que nos rodea.

XOGANDO COAS MATEMÁTICAS

O Departamento de Matemáticas e a biblioteca do IES Pazo da Mercé dan a coñecer unha proposta de xogos e actividades que pretende demostrar que as matemáticas nin son aburridas nin difíciles.
Serán capaces de logralo?
Fonte: Ies Pazo da Mercé, As Neves

venres, 8 de novembro de 2013

CON BRILLO DE COMETA

A biblioteca do IES do Porto do Son coordinou a creación de Con brillo de cometa; unha ferramenta pedagóxica que combina o estudo da astronomía coa formación documental dixital.