martes, 30 de abril de 2013

CINE SOBRE LIBROS

Para conmemorar o día do libro, en "Días de Cine" de RTV2 emitiron unha reportaxe con escenas de películas nas que aparecen os libros e a lectura.
Fonte: Blog da Biblioteca Rosalía de Castro (IES Pazo da Mercé, As Neves)

¡ASÍ CALCULAMOS NO MEU COLE!

Así calculamos no meu cole! é a proposta TIC, en matemáticas, do CEIP Blas Infante de Lebrija, coordinado por Juan García Moreno.

Descomposición de números, cálculo mental, resolución de problemas, fraccións, decimais... son algunhas das seccións que podemos atopar.

PENTATONIX; A HISTORIA DA MÚSICA EN 4 MINUTOS

O grupo Pentatonix repasa, a capela, toda a historia da música.
Os temas que interpretan son:
  • S. XI: "Salve Regina"
  • S. XVI: "Canon in D" - Pachelbel
  • S. XIX: "Symphony No. 5" - Beethoven
  • Os anos 10: "Danny Boy" - Frederic Weatherly
  • Os anos 20: "Old Man River" - Jerome Kern & Oscar Hammerstein II
  • Os anos 30: "Minnie The Moocher" - Cab Calloway
  • Os anos 40: "Boogie Woogie Bugle Boy" - The Andrew Sisters
  • Os anos 50: "I Walk The Line" - Johnny Cash e "La Bamba" - Ritchie Valens
  • Os anos 60: "Stand By Me" - Ben E King; "Barbara Ann" - Beach Boys; "I Want To Hold Your Hand" - The Beatles e "Respect" - Aretha Franklin
  • Os anos 70:  "ABC" - Jackson 5 e "Bohemian Rhapsody" - Queen
  • Os anos 80: "Celebration" - Kool & The Gang; "Don't Stop Believin'" - Journey e "Thriller" - Michael Jackson
  • Os anos 90: "Can't Touch This" - MC Hammer; "...Baby One More Time" - Britney Spears; "Say My Name" - Destiny's Child e "I Want It That Way" - The Backstreet Boys
  • Os 2000: "Hey Ya!" - Outkast; "Drop it Like Its Hot" - Snoop Dogg; "Crazy" - Gnarls Barkley;  "Hips Don't Lie" - Shakira; "Single Ladies" - Beyoncé; "I Kissed A Girl" - Katy Perry; "Bad Romance" - Lady Gaga e "I Gotta Feelin" - Black Eyed Peas
  • 2010: "Baby" - Justin Bieber; "We Found Love" - Rihanna; "Some Nights" - Fun; "Somebody That I Used To Know" - Gotye; "Gangnam Style" - Psy e "Call Me Maybe" - Carly Rae Jepsen.
Fonte: El Huffington Post

luns, 29 de abril de 2013

GOOGLE ART PROJECT: MUSEO DE ARTE VIRTUAL

Google Art Project é un museo de arte virtual co que explorar algún dos mellores museos do mundo, sen saír do pupitre.
Máis de 30.000 obras de arte de 151 museos, de 40 países diferentes. Entre outros o Raíña Sofía, o Thyssen-Bornemisza, o Museo Nacional de Arte de Cataluña… Os grandes ausentes que decidiron quedar á marxe deste proxecto son o Museo do Prado e o Louvre.
Dende o blog de TotemGuard, ofrécennos 10 actividades educativas para integrar Google Art Project na aulaPensando especialmente no uso desta ferramenta nas aulas, encontraremos actividades orixianis para sacarlle partido.

SUMON, XOGO DE CÁLCULO MENTAL

Sumon é un xogo de Ideateca co que praticar o cálculo mental. Apareceranos un panel de números, e deberemos ser capaces de unir os que sumen a cifra proposta.

LINGUA CASTELÁ

A Xunta de Castilla y León crea esta ferramenta para mellorar os coñecementos gramaticais e ortográficos da Lingua Castelá.

Recomendamos tamén o blog "Qué hacer con la lengua", con ideas, propostas e materiais para profesores desta disciplina.

mércores, 24 de abril de 2013

XEOGRAFÍA

Seterra é un xogo educativo co que ensinar xeografía a nenos, adolescentes e adultos. 
Perfecto para o seu uso na aula, na casa ou simplemente como diversión!

LIBRO DIXITAL

Tierra de lectores  ofrécenos un enlace no que podemos conseguir unha colección de máis de 500 libros dixitais.

A maioría están en formato ePub para lectores electrónicos, se se desexan ler en ordenador ou convertelos a outro formato, tamén se pode descargar gratuítamente Calibre.

PINACOTECA VIRTUAL

Mystudios.com é unha galería de 5.000 pintores e máis de 100.000 pinturas. É como ter un xigantesco catálogo de pintura para gardar e mirar cando se desexe.

luns, 22 de abril de 2013

O CORPO HUMANO

Dous recursos multimedia, deseñados pola editorial Voluntad:
  • Fisiología del Cuerpo Humanoofrece 10 xogos interactivos sobre o sistema dixestivo, nervioso, excretor, respiratorio, endocrino, muscular, inmunolóxico, óseo, circulatorio e reprodutor.
  • El cuerpo humanorecurso no que os estudantes poden identificar os distintos sistemas do corpo humano e aprender o seu funcionamento.
Fonte: EnTICConfio

sábado, 20 de abril de 2013

PARA INGLÉS

KIDEOS é unha web de debuxos animados e películas de Disney en inglés (aínda que tamén en español). É moi fácil de manexar e cataloga os vídeos segundo franxas de idade, dende Pocoyo ata Hello Kitty ou Las tres mellizas.

Vocabulario: para traballar cores, números, formas, animais, escola, corpo... con actividades.

GRANDES OBRAS CUN SÓ TRAZO EN ESPIRAL

Chan Hwee Chong, nunha campaña publicitaria de Faber Castell, realizou tres grandes obras da pintura nun só trazo en espiral.
Aquí o tedes:
E este foi o resultado:
Fonte: detodounpoco

CALIGRAFÍA


Cun sinxelo formulario pódense crear follas de exercicios de copia caligráfica en formato pdf. Ademais, podemos modificar o tipo de letra (normal ou puntuada), o número de liñas por páxina, o tipo de pauta...

xoves, 18 de abril de 2013

MARCAPÁXINAS ROSALÍA

Para complementar a exposición sobre Rosalía que teremos polo día do libro, o noso compañeiro Xabier (Lingua Galega) deseñou este marcapáxinas, personalizado co logo da biblioteca. Repartirémolo co empréstito.
Desexamos que vos guste, a nós moito.

mércores, 17 de abril de 2013

ABRIL, MES DOS LIBROS: "LER PARA VIVIR"

Abril é o mes dos libros por dúas datas significativas:
Coma en anos anteriores, Bibliotecas escolares agasállanos con este marcapáxinas con texto orixinal de Paula Carballeira. Pódese descargar aquí.
E nós celebrámolo:
  • Cos apadriñamentos lectores, nos que rapaces de cursos superiores acompañan na lectura aos máis pequenos. 
  • Recordando os 150 anos da publicación de Cantares Gallegos:
  • Na exposición sobre a autora, Rosalía de Castro, e a súa obra. Guía didáctica.
  • Cun marcapáxinas deseñado por Xabier (Lingua Galega) que se repartirá no empréstito.
  
 Outras actividades:
Concurso da biblioteca de ESO no que deberedes identificar os autores que se agochan tralas caricaturas. Teredes pistas para facelo.

Adiviña quen son(CEIP Andrade)
(CEIP Frian Teis)
Webquest para 2º e 3º ciclo de Primaria(Ceip Los Campanales)
Procura do tesouro, Ceip Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras

LOS DEL 97, "ABECEDARIO TEMÁTICO"

Abecedario temático de lectura y escritura 
Preparando el día del libro, seleccionaremos el léxico relacionado con la lectura y escritura, en orden alfabético.
Descargar aquí: abecedario 1, abecedario 2

LIBROS DO MES DE ABRIL

                                         1º e 2º ESO                                      3º e 4º ESO
Descargar preguntas:

martes, 16 de abril de 2013

XOGOS POPULARES

A través de Lecturo Literaturo (Blog da biblioteca do CPI Progreso de Catoira) coñecemos Enredamos, Xogos populares. Un blog onde se recompilan xogos de onte, de hoxe e de sempre.


O PODER DA FANTASÍA

Os libros, a mellor protección para loitar contra os medos.
Fonte: Trafegando Ronseis.

MIGUELANXO PRADO, PARABÉNS

Miguelanxo Prado gaña o premio á mellor obra estatal no Saló del Còmic de Barcelona con Ardalén.
O seu traballo impúxose aos outros nove finalistas, entre os que estaba o tamén galego David Rubín. Prado xa obtivera premios á mellor obra no Saló con Trazo de xiz e A mansión dos Pampín.