4 de abr. de 2013

"O PRINCIPIÑO" CUMPRE 70 ANOS

O 6 de abril cúmprense 70 anos da publicación de Le Petit Prince (1943), o relato curto máis coñecido do escritor e aviador francés Antoine de Saint-Exupéry.
Foi traducido a cento oitenta linguas e dialectos, convertíndose nunha das obras máis recoñecidas da literatura universal.
Considérase un libro infantil pola aparencia, nun principio, moi simple; pero en realidade é unha metáfora na que se tratan temas tan profundos como o sentido da vida, a amistade e o amor. Tedes o texto completo aquí, ou tamén o audiolibro:
Na biblioteca tamén o hai en galego, grazas á tradución do escritor Carlos Casares, quen conseguiu reunir máis dun cento de exemplares do Principiño publicados en diferentes linguas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario