mércores, 18 de decembro de 2013

CALENDARIO DO LIBRO E DA LECTURA, 2014

Con motivo da celebración do Día das Librerías (último venres de novembro), a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria distribúe o Calendario do Libro e da Lectura 2014, unha lámina coas datas máis sinaladas arredor dos libros.

Como principal novidade, establécese a conmemoración do Día do Usuario/a das Bibliotecas, o 11 de xaneiro, e do Día da Ilustración, o 30 de xaneiro, coincidindo co aniversario do nacemento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Ademais destas novas datas, o calendario lembra outras:
  • 1 de marzo: bicentenario do nacemento de Frei Rosendo Salvado.
  • 21 e 27 de marzo: Día Internacional da Poesía e do Teatro, respectivamente.
  •  23 de abril: Día do libro.
  • 17 de maio: Día das Letras Galegas, con Xosé Díaz Castro.
  • 25 de setembro: 160º aniversario do nacemento de Leiras Pulpeiro.
  • 1 de outubro: 130 anos do nacemento de Vicente Risco.
  • ...

venres, 13 de decembro de 2013

GUÍAS DE NADAL 2013

Para o frío destes días, pouco máis hai que roupa de abrigo, un bo lume, unha bebida quente... Todo anima a non saír á rúa e quedar na casa; por iso, as nosas recomendacións: libros, moitos libros.
GUÍA INFANTIL/PRIMARIA

GUÍA ESO

xoves, 12 de decembro de 2013

NADAL 2013

Na biblioteca comezamos xa a celebrar o Nadal coa nosa árbore de lecturas.
Pasade a vela.

luns, 9 de decembro de 2013

BIBLIOTECAS MÓBILES

Como se pode comprobar nas imaxes, o servizo dunha biblioteca pódese desenvolver dende un camelo, un "biblioburro", un coche ou incluso antigos surtidores de combustible reciclados.
Sexa cal sexa a maneira, todos levan libros aos lugares máis remotos. Dende logo, calquera fórmula é boa para conseguir que os libros estén nas mans de todos.

domingo, 8 de decembro de 2013

ADEUS A MANDELA


Aproveitando a proximidade do Día dos Dereitos Humanos, incluiremos unha actividade centrada na súa figura.
Fonte da imaxe: Rosana Rodiles, da Biblioteca Escolar Xoan Farias (C.E.I.P. de Pazos)

xoves, 5 de decembro de 2013

OS MÁIS... DOS CLUBS DE LECTURA

A Asesoría de Bibliotecas Escolares vén de publicar tres listaxes: a dos autores máis lidos, a das lecturas de máis éxito e a das linguas máis empregadas nos clubs de lectura durante o curso 2012/2013.
  • Velaquí os 35 autores máis lidos (con distintos títulos):
  • Velaquí os 50 títulos que máis se repiten:
  • Sumadas as lecturas, en función do idioma, feitas polos grupos de lectura dos 222 centros, velaquí os datos:

martes, 3 de decembro de 2013

domingo, 1 de decembro de 2013

CLUB DE LECTURA

Comezamos coa presentación do club de lectura na biblioteca.
E, a continuación, puxemos en marcha o noso proxecto "Navegando entre libros".
Algún dos grupos xa ten lecturas, pero tamén se admiten suxestións.