venres, 31 de xaneiro de 2014

TRABALLANDO A PAZ

 Para conmemorar o día da paz, propuxémoslle ao alumnado as actividades do noso caderno "A paz, obxectivo para todo o ano" e xa vemos resultados.
Estes son algúns dos traballos:
  • Mural do Agrupamento de 1º da ESO




  • Rosalía Quinteiro Fernández (4º B).


  • Pablo Fidalgo e Juan Manuel Guerrero (4º C).

  • Alba Pastoriza (4º B).
  • Diego Álvarez e Manuel Rodríguez (4ºC). 
  • Paula Antón e Iria González (4º C).

  • Juan Enrique Iglesias (4º C).

xoves, 30 de xaneiro de 2014

XI PREMIO ANAYA DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL

Vicente Muñoz Puelles obtén o XI Premio Anaya coa obra La voz de árbol, que será publicada en abril.
A obra, dirixida a lectores de entre 10 e 12 anos, narra a vida de Virxinia, unha nena que, xunto á súa familia e grazas a seu pai, vai descubrindo na lectura unha forma de enfrontarse ao mundo, de entendelo e de buscar a felicidade.

Ven á biblioteca, atoparás algún título deste autor.
  

mércores, 29 de xaneiro de 2014

REVOLUTION, BELEZA EN PAPEL



Revolution é un libro pop-up realizado pola ilustradora Helen Friel.
Amosa o ciclo da vida dunha gota de auga, dende que sae da billa da nosa casa ata transformarse en gota de chuvia.
Incrible que se poida facer algo así só co papel.

martes, 28 de xaneiro de 2014

DÍA DA ILUSTRACIÓN, CONCURSO

Nesta ilustración de Victoria Assanelli podemos identificar moitos dos contos infantís que nos entretiveron cando pequenos.
Adiviña que contos se agochan, anótaos nun folio e entrégao na biblioteca ao longo do día no que se conmemora o labor destes artistas (xa sabes, só durante o 30 de xaneiro).

CARTAZ DÍA ILUSTRACIÓN

Con este cartaz de Miguelanxo Prado, por vez primeira, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promove a celebración do Día da Ilustración en Galicia.
A data (30 xanerio) foi escollida por coincidir co aniversario do nacemento de Daniel Rodríguez Castelao.
Tamén podedes descargar a programación.

luns, 27 de xaneiro de 2014

CLASES DE GALEGO NAS REDES SOCIAIS

Helena Villar Janeiro sorpréndenos impartindo clases de galego en facebook.
Comezou dirixíndose a tres ou catro persoas e cada vez son máis as que se unen, comentan, dan indicacións, preguntan dúbidas e propoñen temas.

DÍA DA ILUSTRACIÓN, 30 XANEIRO

Un ilustrador é un artista gráfico que complementa a comunicación escrita mediante representacións visuais; en máis dun sentido, trátase dun espléndido exemplo de colaboración entre palabra e imaxe. 
Os ilustradores son, entón, inmensos planetas de creatividade en torno aos que xiran outros asteroides como os libros, prensa, carteis, moda... 
Aquí temos algún exemplo de ilustración relacionada cos libros e coas lecturas; tamén preparamos un concurso para ese día, estade atentos.
Ilustración de Jon Reinfurt
Ilustración de Kim Parkhurst
Ilustración de Kim Parkhurst
Ilustración de Clothilde Stae
Ilustración de Anja Klauss

Ilustración de Daniel Montero Galán
Ilustración de Mila Marquis
Ilustración Nicoletta Ceccoli
Ilustración de victoria assanelli
Ilustración de Sören Kierkegaard
Ilustración de Lucía Cobo
Ilustración de Mónica Carretero
Ilustración de Marie Cardouat

Ilustración de Carol Heyer
Ilustración de Marie Desbons

sábado, 25 de xaneiro de 2014

ARTE URBANA

A arte da rúa contén unha mensaxe subversiva que critica á sociedade e invita á loita ou á reflexión.
Con todo, a que aquí traemos carece dese compoñente crítico e busca a mellora estética da contorna, aproveitando elementos da paisaxe urbana, en moitos casos deteriorados.
Sorprender aos viandantes cun extraordinario alarde de creatividade e encher de cor e inconformismo as nosas rúas parece ser o único obxectivo.

ARTE URBANA on PhotoPeach

venres, 24 de xaneiro de 2014

ARTE EN MOVEMENTO

En Beauty (Beleza), unha colección de 116 cadros cobran vida nun vídeo de animación de case 10 minutos.
Cada pintura orixinal transfórmase nun instante de movementos leves e suaves; os personaxes respiran lentamente, inclinan a cabeza relaxados, actúan como se unicamente viviran para prolongar ese momento.

xoves, 23 de xaneiro de 2014

INSUBSTITUÍBLES?


SEMANA DE ACHADOS

Primeiro foi Rosalía de Castro, agora é Lope de Vega.
O investigador Alejandro García Reidy, da Universidade Autónoma de Barcelona, encontrou un manuscrito dunha obra inédita de Lope de Vega, "Mujeres y criados", que os catálogos literarios daban por perdida.
A presentación oficial realizarase nos próximos meses na Biblioteca Nacional, e en outono, catro séculos despois da súa creación, volverá ás táboas representada pola Fundación Siglo de Oro.

mércores, 22 de xaneiro de 2014

A IMPORTANCIA DO INGLÉS... E DA LECTURA

Santi Cazorla, futbolista do Arsenal, incendiaba as redes sociais e os foros do Tottenham ao publicar unha foto en Twitter na que se podía ler:
"Que é o que pensamos do Tottenham? ¡Merda!.
E que pensamos da merda? Tottenham."
Tras o lío formado, o xogador pediu perdón pola metedura de pata e defendeuse dicindo que non sabía o que estaba escrito no cartel.
Imaxinades unha situación similar entre os nosos grandes?
Atentos famosos! Cando vos vaiades facer unha foto cun fan que leve cartel, lede o que pon. Aínda que esté en inglés!!!!!!
Vía: Blog El pájaro loco de Irene Gómez Peña

martes, 21 de xaneiro de 2014

REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR

Dende Sogama fannos chegar un manual de boas prácticas para o aforro de enerxía e auga e para a reducción da produción de lixo.
REDUCIR, REUTILIZAR e RECICLAR para lograr un modelo de consumo sostible.

luns, 20 de xaneiro de 2014

AS NOVELAS EXEMPLARES EN CÓMIC

La ilustre fregona
Unha editora uruguaio-arxentina adapta, 400 años despois, as novelas exemplares ao cómic.
Coa idea de achegar esta obra ao gran público, 22 autores adaptaron libremente as doce novelas, de xeito que, sen cambiar sustancialmente o contido, desen cabida ata a ciencia ficción.
Canto tardarán en chegar aquí?

CATRO NOVOS POEMAS DE ROSALÍA


Á súa morte, en 1885, Rosalía de Castro mandou ás súas fillas queimar todos os seus manuscritos, e isto fai máis valioso o achado de catro textos inéditos, -un en galego e tres en castelán-, ademais doutros documentos autógrafos que foron incluídos na segunda edición de En las orillas del Sar. 
En opinión da profesora da Universidade de Barcelona María Xesús Lama, todo apunta a que Rosalía de Castro pensaba incluír estes tres textos escritos en castelán nunha obra denominada Postrimerías, que non foi publicada. 
A RAG ofrécenos os textos aquí
“Dinche o corazón na man” 
– Dinche o corazón na man
Dincho queridiña enteiro
Ca pirmeiriña esperanza 
co pensamento pirmeiro. 
Dincho cal neno que nase 
De ilusións brancas cuberto 
Caraveliño cerrado 
ó teu calor dulce aberto. 

– En solitarios herbales 
Era rosiña escondida, 
Solo para ti prantada 
Para ti solo nacida. 
E coma frol sensitiva 
Baixo outra man se pregaba, 
E solo onda ti vivia 
E de ti lonxe muchaba.

mércores, 15 de xaneiro de 2014

30 XANEIRO, DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA






Achegámonos a unha nova edición do Día Escolar da Non violencia e a Paz (DENYP), tal como a acuñou Llorenç Vidal a mediados dos 60, en coincidencia co aniversario da morte violenta do Mahatma Gandhi, un 30 de Xaneiro de 1948.
No CPI da Cañiza celebramos o día cun Mercadiño Solidario. Pero ademais, dende a biblioteca ofrec
emos: unha selección bibliográfica para Primaria e outra para Secundaria, marcapáxinas co préstamo e unha selección de recursos para conmemorar o día. 


martes, 14 de xaneiro de 2014

LECTURAS PARA A PAZ



LECTURAS PRIMARIA DÍA DA PAZ

Xa están a disposición de todos os nenos e nenas de infantil e primaria as lecturas para o día da paz e non violencia. Aquí tedes a guía de lectura. Anímadevos a ler!


ATLAS HISTÓRICO CRONOLÓXICO

Gea Cron é un atlas histórico mundial interactivo desde o 3000 a.C.
Coa idea de facilitar o estudo da historia, este sistema permite representar no tempo os feitos históricos e os mapas xeopolíticos de calquera rexión ou país do mundo.

A axuda para manexalo encontrámola aquí.

LIBRO DO MES DE XANEIRO

 
Descarga as preguntas aquí.

luns, 13 de xaneiro de 2014

CONCURSO, O GRAN SEGREDO

O equipo da Biblioteca preséntache unha nova actividade. Consiste en adiviñar o título dun libro partindo dunha serie de pistas que che ofrecemos; todas elas relacionadas co autor, argumento, personaxes, versión cinematográfica...
Cando teñas a resposta entrégaa na biblioteca. 
O gañador recibirá un pequeno agasallo.
ANÍMATE... E PARTICIPA. LER PAGA A PENA



XOGANDO COA ARTE

Co obxectivo de acercar as súas coleccións e actividades aos visitantes virtuais, os grandes museos ofrecen recursos e materiais educativos que nos permitirán coñecer as grandes obras sen saír da casa.
  • Museo do Prado: dentro da sección Pradomedia atopamos ata 11 xogos de diferenzas, memoria, orden, cronoloxías, crebacabezas... Tamén se poden ver en altísima resolución coa tecnoloxía de Google Earth algunha das obras máis relevantes do museo.

mércores, 8 de xaneiro de 2014

LIBRO DO MES DE XANEIRO

DÍA DO USUARIO DAS BIBLIOTECAS

O día 11 de xaneiro conmemórase, por primeira vez, esta data, co gallo de facer protagonistas aos auténticos destinatarios dos servizos bibliotecarios.
Nós, dende a nosa biblioteca, tamén queremos aportar o noso gran de area. Porque...