venres, 21 de febreiro de 2014

ENTROIDO 2014

A coordinadora de equipos de dinamización e normalización lingüística celebra o entroido 2014 cunha recopilación de recursos.
Sempre nos poden inspirar.
Por certo, coñecedes a alguén nestas fotos?
No 2007
No 2010

















No 2013
 Que tocará este ano?

luns, 17 de febreiro de 2014

TAL COMO ERAMOS!

Segundo reto deste curso.
Recordades? Consiste en adiviñar:
  • Quen se agocha na foto. Por suposto alguén do cole que coñecedes sobradamente.
  • De que libro falamos.

GOYA Á MELLOR CURTA DE ANIMACIÓN 2013

A rutina de María no colexio verase alterada pola chegada dun neno moi especial. Pronto se convertirán en amigos inseparables.
Aínda que durante unhas horas puidestes ver a curta aquí, saber que estaba en you tube sen permiso dos responsables fixo que a retiraramos inmediatamente, pero ofrecemos no seu lugar o trailer para ir abrindo boca.

domingo, 16 de febreiro de 2014

LIBROS DO MES DE FEBREIRO

  
                                           1º e 2º ESO                                       3º e 4º ESO
Descargar preguntas:

martes, 11 de febreiro de 2014

"CITAS PARA LEVAR"

O día 14 colgaremos nos corredores do centro estes anuncios por palabras que non son máis que pensamentos breves ou reflexións sobre o amor.
Deste xeito, traballando os sentimentos, poderemos amosar con normalidade o que sentimos, de igual maneira que manifestamos o que nos doe ou o que odiamos.
Algúns exemplos:

Pero o alumnado tamén aportará as súas producións. Esperade e comprobádeo.

AMOR

Por San Valentín, amor si, pero amor aos libros nunha Curta de Animación gañadora dun Oscar no 2012: Os fantásticos libros voadores do Sr. Morris Lessmore.
Relata a historia dun home que amaba as palabras e os libros. Uns libros que cobran vida ao ser lidos e enchen de alegrías cada momento da vida.

venres, 7 de febreiro de 2014

xoves, 6 de febreiro de 2014

CONCURSO "LINGUA DE NAMORAR"

Se tes entre 14 e 35 anos, participa ata o 23 de febreiro no concurso da Secretaría Xeral de Política Lingüística: "Lingua de namorar". Só hai que enviar unha mensaxe de amor en lingua galega (extensión máxima de 350 caracteres).

mércores, 5 de febreiro de 2014

CALENDARIO PROFESIONAL DO LIBRO E DA LECTURA 2014

Desde a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) envíannos o Calendario profesional do libro e da lectura 2014, preparado en man común coa Asociación Galega de Editores. Unha peza informativa que pretende axudar na organización das actividades de promoción lectora.

SABIADES QUE?

O primeiro autobús escolar data do 1829, e foi un coche de cabalos deseñado para levar 25 nenos dunha escola de Londres.
Queredes comparar agora?

martes, 4 de febreiro de 2014

EDUCANAVE

Educanave é unha guía de recursos educativos dixitais en castelán e inglés programados para Infantil e Primaria.

luns, 3 de febreiro de 2014

LIBROS DO MES DE FEBREIRO

  
                                            1º e 2º de ESO                        3º e 4º de ESO