martes, 25 de novembro de 2014

PREMIO CERVANTES 2014

O escritor Juan Goytisolo (Barcelona, 1931) é o gañador do Premio Cervantes 2014, o máximo galardón para a literatura en lingua castelá.
Na súa obra, traducida ao inglés na súa maior parte, cultivou diferentes xéneros, o ensaio, a narrativa, a reportaxe, a literatura de viaxes ou as memorias.
Autor de máis de cincuenta libros, entre as súas primeiras novelas destacan títulos como La resaca, La isla, Fin de fiesta, Señas de identidad, Reivindicación del conde don Julián, Juan sin Tierra y Makbara.
      

xoves, 20 de novembro de 2014

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Experimento social
Camiñar polas rúas dunha gran cidade como Nova York resulta insoportable se a persoa acaba sendo branco de acoso, disfrazado de 'simple cumprimento'.
Como parte da súa última campaña, a plataforma Hollaback!, que loita contra o acoso, condensou 10 horas de gravación neste vídeo no que a actriz Shoshana Roberts experimenta a crúa realidade coa que moitas mulleres se enfrontan cada día.

Como actuamos ante a violencia machista?
Todo o mundo rexeita, sen ningún tipo de paliativos, a violencia contra as mulleres. Pero, que acontece cando somos testemuñas en primeira persoa deste tipo de agresións?
A compañía sueca STHLM Panda decidiu comprobar a reacción da xente ante a violencia de xénero. Cunha cámara oculta instalada nun ascensor, un home ameaza e agride a súa suposta parella, ante unha testemuña.
Abonda con ver o vídeo para comprobar que, aínda que a opinión e actitude da maioría cidadá é totalmente contraria a este tipo de violencia, á hora da verdade, non se actúa en consecuencia. Só unha das 53 vítimas da cámara oculta reacciona ante a agresión.

Na biblioteca, ese día, con marcapáxinas, música, libros e audiovisuais intentaremos sensibilizar, previr ou detectar situacións de risco.
Outras alternativas de traballo aquí.

luns, 17 de novembro de 2014

GALICIA LE

GaliciaLe é a plataforma do libro electrónico das bibliotecas públicas galegas que proporciona un servizo de préstamo de obras en formato dixital.
En GaliciaLe o lector atopará dous catálogos: un que contén o “Catálogo do libro electrónico en galego” e outro que aloxa o “Catálogo do libro electrónico en castelán”. Os libros incluídos nestas dúas contornas poderán lerse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles, ordenadores persoais e lectores de libros electrónicos.
Para poder acceder a GaliciaLe cómpre:
  • Ser usuario/a con carné dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Despois é necesario rexistrarse na plataforma como usuario de GaliciaLe.
  • Ter un dispositivo compatible (tableta, ordenador persoal, lector de libro electrónico, teléfono móbil etc.) e unha conta de correo electrónico.

LIBRO DO MES DE NOVEMBRO

Descargar preguntas aquí.

venres, 14 de novembro de 2014

AUTORES E LIBROS MÁIS LIDOS NOS CLUBS

A través de Ler en mancomún, chéganos a relación de títulos máis lidos nos Clubs de Lectura durante o curso 2013/2014.

E tamén os autores que máis se repiten.

domingo, 2 de novembro de 2014

SAMAÍN 2014

En Infantil e Primaria celebramos o Samaín cunha exposición de cabazas artisticamente decoradas.
Haberá un gañador por ciclo; quen será o artista?
Mirade que ben quedaron.
SAMAÍN 2014 on PhotoPeach