1 de feb. de 2015

O GRAN SEGREDO

2ª fase (primeira quincena de febreiro)
Dado que as pistas sobre o libro non foron suficientes, agora estendémonos algo máis:
  • É tan antigo como a civilización. En escavacións efectuadas en Mesopotamia atopáronse obxectos dun xogo similar
  • Algúns autores sitúan a súa orixe na India, máis concretamente no Val do Indo, e data do século VI d.C. Sinalan a SUSA BEN DAHIR o HINDI coma o seu inventor segundo o seguinte relato:
"Estaba enfermo certo rei da India, e a obsesión pola súa enfermidade apoderárase del. Os médicos prescribíronlle que tratara de esquecer esa idea por medio dun pasatempo agradable. Decidiuse ver de distraer ao rei cun xogo. Cando o inventor llo presentou, este púxose moi ledo, e deixou de teimar por fin. O remedio foi tan eficaz, que cheo de entusiasmo, o monarca permitiulle pedir ao inventor calquera recompensa que se lle ocorrese.
O enxeñoso inventor, pediu entón que se lle dera unha moeda de ouro pola primeira casiña do taboleiro, dúas pola segunda, catro pola terceira...e así sucesivamente, de tal xeito que a cantidade de moedas, fose duplicándose de casiña en casiña.
Dado que o rei non era moi bo en matemáticas, pareceulle un desexo doado de compracer, e ordenou que se lle pagara. Mais á hora de facer as contas, viuse que o prezo era inacadable, pois a cantidade de moedas de ouro era 18.446.744.073.709.551.615."

Ningún comentario:

Publicar un comentario