sábado, 31 de outubro de 2015

martes, 27 de outubro de 2015

A BIBLIOTECA

A Biblioteca, de Jason  LaMotte, conta a historia de Emily, unha nena de 13 anos, que comeza a recibir notas dun admirador secreto na biblioteca á que acode cada día.
Estas notas diríxena a vellos libros románticos que están nos estantes da biblioteca.
Quen será o autor desas notas? Será algún dos rapaces cos que comparte espazo?

luns, 19 de outubro de 2015

PREMIO PRINCESA DE ASTURIAS DAS LETRAS, 2015

Aínda que dende xuño coñecemos o premiado no ámbito das letras, o cubano Leonardo Padura, será o 23 de outubro cando teña lugar a cerimonia de entrega dos Premios Príncipe de Asturias 2015.
Actualmente é considerado pola crítica internacional entre os novelistas máis importantes da narrativa da illa, xa que é un dos creadores da nova novela detectivesca, na que o policial é só un pretexto para falar da sociedade cubana e facer un exame de conciencia da súa xeración.

venres, 9 de outubro de 2015

NOBEL DE LITERATURA, 2015

A escritora bielorrusa Svetlana Alexiévich é a gañadora do Premio Nobel de Literatura 2015.
Escritora e xornalista, retratou en lingua rusa a realidade e o drama de gran parte da poboación da antiga URSS, así como dos sufrimentos de Chernóbil, a guerra de Afganistán e os conflitos do presente en obras como La guerra no tiene rostro de mujer, Los chicos de zinc ou Voces de Chernóbil. 

mércores, 7 de outubro de 2015

PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL, 2015

A escritora Ledicia Costas gañou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil coa súa novela "Escarlatina, a cociñeira defunta", unha obra "extraordinaria, humorística e rompedora".
A novela narra as aventuras de Román, un mozo de 10 anos que quere ser chef. O día dos seus aniversarios recibe unha caixa misteriosa en forma de cadaleito. Dentro desa caixa está Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que lle axudará a cumprir o seu soño. 

xoves, 1 de outubro de 2015

PREMIO NACIONAL POESÍA, 2015

Luis Alberto de Cuenca recibe o Premio Nacional de Poesía por 'Cuaderno de vacaciones'.
O premio concédeo o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para distinguir a obra dun autor español escrita en calquera das linguas oficiais do Estado e editada en 2014.
Ás portas deste galardón quedou a galega Yolanda Castaño coa obra A Segunda Lingua. Logo de pasar oito de nove roldas de votación, na última delas o xurado decantábase por Luis Alberto de Cuenca.