sábado, 14 de novembro de 2015

O MUNDO DÓESE DE PARÍS

Máis dun centenar de mortos e decenas de feridos nunha cadea de atentados en París.
Horas despois, unha onda de mostras de agarimo e apoio estendeuse por todo o mundo. Edificios, públicos e privados, de todos os recunchos do planeta, tinguíronse coas cores da bandeira francesa, e nas redes sociais acumuláronse viñetas con mostras de empatía.




Do artista francés Jean Jullien 
Do arxentino Nick

 Da xornalista Clementine Sarlat 


venres, 13 de novembro de 2015

PREMIO CERVANTES 2015

O escritor mexicano Fernando del Paso foi galardoado co Premio Cervantes 2015. Cúmprese así, de novo, a lei non escrita que reparte alternativamente o galardón entre Latinoamérica e España, despois de que en 2014 recaese no escritor español Juan Goytisolo.
Del Paso é un home polifacético: escritor, debuxante, pintor, diplomático e académico, publicou poesía, teatro, contos, ensaios... e, sobre todo, tres novelas que xa están consideradas como fundamentais na narrativa iberoamericana do século XX: "José Trigo", "Palinuro de México" e "Noticias del Imperio".
Entre as súas últimas producións están: a novela "Linda 67. Historia de un crimen", o poemario "PoeMar" e o ensaio "Viaje alrededor del Quijote".
   

martes, 3 de novembro de 2015

VIDEOCONFERENCIA PARA 3º ESO

Con motivo da celebración do VI Día da Ciencia en Galego, a Coordinadora Galega de ENDL organiza o mércores 4 de novembro, de 12:30 a 13:30 horas, unha videoconferencia vía web, na que o investigador galego, Xurxo Mariño Alfonso, achegará temáticas de interese científico.