mércores, 30 de decembro de 2015

luns, 28 de decembro de 2015

CALENDARIO DO LIBRO E DA LECTURA, 2016

A Secretaría Xeral de Cultura vén de facer público o Calendario do libro e da lectura para o ano 2016 no que se lembran algunhas das datas máis relevantes neste ámbito para o ano que comeza.
A autora da ilustración é Tania Solla.

sábado, 26 de decembro de 2015

FESTIVAL NADAL 2015

No festival de Nadal, na casa da cultura, contamos coa actuación do dúo Os MonifatesAlberto Millán Betanzos e José Piñeiro Pérez.
Ambos artistas, que contan cunha ampla traxectoria no mundo da música e no traballo de recuperación de instrumentos tradicionais galegos, explicáronos a orixe e o proceso de fabricación dalgúns instrumentos antigos.

Pero ademais, actuaron acompañados de dous bailaríns de excepción:  Xaquín e Maruxa, uns monicreques.
Incluso o noso alumnado se animou a participar; algúns acompañaron aos Monifates.
Outros cantaron panxoliñas maxistralmente dirixidos por Ruta, a nosa profesora de Música.
Aínda que nada mellor que velos e escoitalos actuar.








De volta ao centro, completamos a xornada con:
  • Un obradoiro de decoración do Nadal dirixido por Laura, a profe de Plástica.
  • Cine na biblioteca coa película "La teoría del todo".
  • E, como non podía ser doutro xeito, actividades deportivas: fútbol e baloncesto; neste último tamén se animaron algúns profesores.




mércores, 16 de decembro de 2015

xoves, 10 de decembro de 2015

GUÍA LECTURA, NADAL 2015

Os trasnos da biblioteca invítanvos a enredar, con eles, no mundo de maxia e fantasía que achega a guía de lectura da ESO.

martes, 8 de decembro de 2015

NADAL

Nesta unidade didáctica pódese traballar a figura do Apalpador: a historia, caretas, siluetas para colorear, unha postal... ata a coreografía do seu baile!!!!!

Tamen a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) ofrece un especial de Nadal con panxoliñas, refráns, concursos, contos...