luns, 28 de marzo de 2016

A PRECURSORA DO LIBRO ELECTRÓNICO

Este luns, Google rendeu homenaxe co seu doodle á precursora do libro electrónico, a leonesa Ángela Ruiz Robles.
Ela inventou en 1949 a enciclopedia mecánica, un dispositivo con abecedarios automáticos en todos os idiomas e co que podían formarse palabras, frases, leccións ou temas e toda clase de escritos.

xoves, 17 de marzo de 2016

OS DE 4º DE PASEO

Acompañados por Pilar, Ruta e Miguel (uns auténticos valentes) os alumnos de 4º da ESO visitan Madrid e Toledo.
Canta elegancia para acudir ao musical " O Rei León"; Rafiki había quedar abraiado.



Ao pé de Felipe III conquistarían a Praza Maior madrileña?

CLUB DE LECTURA, 1º C

O Principiño foi a segunda lectura para o grupo do Clube de Lectura de 1º ESO C. Pasamos dos horrores provocados por unha gárgola na vida do adoslecente Jeremy, á candidez e tenrura dun pequeno ser que chega á terra vestido de Príncipe despois de visitar varios asteroides. A través da súa mirada descubrimos, entre outras cousas, os absurdos comportamentos dos adultos e, a través das súas experiencias, o valor da amistade...

EN-MASCARADOS


Como en anos atrás, Laura, profesora de Plástica, realizou co alumnado de 4º da ESO un taller de máscaras para o entroido que aquí podedes ver.


mércores, 16 de marzo de 2016

DÍA DA POESÍA

Acércase o día!
O venres 18 leremos as nosas propias poesías pola megafonía do colexio,
Podedes ver aquí o noso cartel.


domingo, 13 de marzo de 2016

LOVING VINCENT

Loving Vincent, a primeira película 'ao óleo' sobre Van Gogh

 Loving Vincent será a primeira película realizada coa técnica do óleo e seguindo o estilo do pintor holandés. E, aínda que de momento só se presentou o tráiler, este xa se fixo viral.
Para a súa creación, máis de 100 pintores traballaron imitando 120 cadros do pintor en constante movemento.

martes, 8 de marzo de 2016

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA DE INFANTIL E PRIMARIA

         Da man de Susana Gago, os nenos/as de 1º e 2º de primaria disfrutaron dun conto cheo de imaxinación, maxia, e todo o necesario para que os nenos e nenas pasasen un momento incrible.
Moitas gracias Susana Gago, quedamos encantados, coa túa posta en escena, tanto mestres como alumnado.



MOCHILAS VIAXEIRAS EN EDUCACIÓN INFANTIL

Os nenos/as de educación infantil (3, 4 e 5 anos de idade), comezan a levar as mochilas viaxeiras as súas casas. 
Cada venres 2 nenos levan unha mochila con dous contos e un bloc para debuxar as historias que len, o xoves seguinte volven traelo ao cole. 

Esta é unha actividade que está gustando moito os nenos/as e as súas familias.

TALLERES CON KAMISHIBAI

  Na biblioteca de primaria, estanse a realizar uns talleres con Kamishibai, coa colaboración do equipo de normalización, e gracias ao Concello que nos prestou o material necesario para levar acabo esta actividade, durante o mes de marzo.
Os nenos/as colaboradores da biblioteca (alumnos/as de sexto), contanlle o conto ós nenos de infantil, nas sesions de “hora de ler”, que facemos despois do recreo.
Kamishibai, significa “Teatro de papel”, e é unha forma moi popular, dende fai varios séculos, os contos en Xapón.

   Os contos representados en Kamishibai, tocan temas e evocan sentimentos xerais dacordo coa idade dos nenos/as. As súas características e a forma de presentalo, axudan a conseguir un efecto máxico e de concentración en torno o conto.

Os nenos/as en grupo asisten a un espectáculo no que todos xuntos/as, poden gritar, rir…., compartindo os mesmos sentimentos.