xoves, 21 de abril de 2016

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Celebrámolo agasallando aos nosos lectores co díptico que, como cada ano, edita a Consellería de CEOU. Neste caso, cun texto orixinal de Pedro Feijoo.

https://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/files/diptico16_2.jpg 
E nós, aproveitando a conmemoración do IV Centenario da morte de Cervantes, tamén temos a nosa aportación cun marcapáxinas que se agasalla co préstamo.
Ademais, manteremos ata finais de maio unha exposición de carteis sobre Cervantes elaborados polo alumnado, cunha guía para a súa visita.



Outras actividades relacionadas co Libro.
Recomendacións para Cervantes e a súa obra.

luns, 4 de abril de 2016

NO DÍA DA SAÚDE CELEBRAMOS O DÍA DA FROITA

Así conmemoramos o día!!!


Pelar, limpar, cortar... todo o necesario para ofrecerlle aos compañeiros unhas deliciosas espetadas de froita. Así quedaron as bandeixas que repartimos polas aulas.
  


Todo un éxito. Repetiremos.

O NOSO DÍA DA POESÍA CON MIGUEL ALONSO DIZ

O día 18 de marzo celebramos para infantil e primaria o Día da Poesía.

Dúas alumnas de 6º leron a través da megafonía unhas "rimas viaxeiras" compostas por os alumnos de todas as clases.
                                                       Raquel e África lendo a poesía

Coincidindo coa nosa celebración visitounos o escritor de contos e poeta Miguel Alonso Diz, autor de libros para nenos tan fermosos como "o soño de Esther", "O valente coello que quixo soñar" ou  "A nena á que non deixaban ser feliz" 
Miguel Alonso Diz non para, escribe tamén poesía: "Poemas do día e da noite" publicado en internet,  "Memorias da cidade escura", "Retorno ao país dos ananos sen moverse da habitación"; é membrode varias asociacións literarias, participa nun programa de radio e en diferentes proxectos culturais e a maiores mantén un blogue: O FORXADOR DE VERSOS

O autor despertou a curiosidade do alumnado de primaria cun turno de preguntas e unha animada explicación sobre o  proceso creativo, dende que se vislumbra a alma do libro na imaxinación do autor ata que o corpo toma forma gracias a todas as persoas que participan, ilustradores, imprenta, editores...


As profesoras e os alumnos de infantil participaron con Miguel nunhas actividades de animación á lectura que os tiveron embelesados.