venres, 30 de decembro de 2016

CALENDARIO DO LIBRO E DA LECTURA, 2017


A Secretaría Xeral de Cultura vén de facer público o Calendario do libro e da lectura para o ano 2017 no que se lembran algunhas das datas máis relevantes neste ámbito para o ano que comeza.

martes, 20 de decembro de 2016

NADAL 2016


 O equipo da biblioteca desexa un bo Nadal a toda a comunidade educativa.

CAMBIEMOS O XOGO

Rosa para nena, azul para neno, moneca para nena, coche para neno...
Nestas datas, nas que os máis pequenos recibirán a visita de Papá Noel e os Reis Magos cargados de agasallos, por que non escapamos de estereotipos?
Baixo o lema “Cambiemos el juego”, Audi quere promover a compra de xoguetes fóra de estereotipos sexistas e, para facelo, crea esta curta tan divertida.

A marca creou unha web específica para esta campaña na que podemos saber moito máis.

luns, 19 de decembro de 2016

PANXOLIÑA PERSONALIZADA

Para despedir o trimestre, sempre podemos cantar a panxoliña creada por Ajejandra Domínguez Pérez de 3ºB.
Alumnos a chollar,
los profes a mandar,
suspensos a montón
esto es un horror.
 Alumnos a llorar,
los padres a bufar,
qué confusión.
¡Menuda conmoción!
 Estudiar, estudiar
vamos a estudiar.
Pues los profes depresión
pueden agarrar.
¡Hey!
 Estudiar, estudiar
vamos a estudiar.
Pues los papis regalitos
te van a obsequiar.

CALENDARIO NADAL - PISTA XIV

venres, 16 de decembro de 2016

AS NOSAS ÁRBORES

Como noutros anos, puxemos tamén a árbore. Neste caso foron os alumnos de Elena (PT).
Grazas especialmente a Ana Riveiro (2º A) que ten moi boa man para a decoración.
Observade.
E tivemos árbore por partida dobre, pois Elena tamén deseñou esta "xoia" co persoal de Secundaria.
O alumnado está canso de vernos e, aínda así, causa sensación.

DECORAMOS O COLE

Estes días gozamos da previa ao Nadal grazas ás mans máxicas de Laura (a profesora de Plástica), que consegue, con elementos que nos rodean, resultados espectaculares.
Podedes ver e copiar, a ela non lle ha molestar.
 

MÚSICA NO NADAL

Imaxe que decora a aula de Música
Temos uns músicos excepcionais: Sofía, Ana, Nicolás e Gonzalo (alumnos de 4º da ESO).
E Ruta, dende o Departamento de Música, preparou con eles esta coñecida panxoliña.
Soa ben, non si?

CALENDARIO NADAL - PISTA XII

mércores, 14 de decembro de 2016

PORTA BIBLIOTECA

Aquí podedes comparar o proxecto inicial co resultado. Ben bo, por certo.
 

Grazas aos autores (Rubén e Lily de 2º A, Alejandra e Ignacio de 2º B e Brian, Paula e Jéssica de 2º C) que lle dedicaron tempo ao deseño e á realización.

Temos uns artistas!!!!

GUÍA LECTURA, NADAL 2016

   
Sabedes que, dende a porta, un Papá Noel lector invítavos a elixir unha das numerosas novidades da biblioteca. Facédelle caso e entrade a ver.