martes, 28 de novembro de 2017

DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS, 10 de decembro

Máis recursos:




CONSTITUCIÓN E ESTATUTO DE AUTONOMÍA (1 ao 11 de decembro)

Pincha na imaxe para acceder ao glogster
Outros recursos para conmemorar esta data:
  • Despois de analizar anuncios publicitarios moi coñecidos, respondede:
  • Onde está a clave do seu éxito? 
  • Que tópicos recollen? Serven para caracterizarnos polo mundo adiante? 
  • Que aspectos nos fan sentir orgullosos de ser galegos? Cales non?








  • Análise de estereotipos e posibilidade de crear un mapa similar que recolla a idea que temos de nós mesmos e dos demais.
    Somos vagos e durmimos a siesta a diario
  • Mapa que, con escaso rigor científico e/ou etnográfico, recolle o que pensan os nosos veciños de nós. Acaso terán razón?
de vía

luns, 27 de novembro de 2017

QUE TRAMARÁ????!!!!

En que andará Laura, a profe de Plástica? Aparecen cousiñas espalladas polo cole porque non descansa!!😊😊😊😊
Dáme que está argallando algo!!! 🎄🎅

PARABÉNS

Polo día do mestre, 27 de novembro.

venres, 24 de novembro de 2017

OS DE VALORES ÉTICOS NO 25 DE NOVEMBRO

O alumnado de valores éticos buscou a sensibilización no centro de xeitos diversos. Dende carteis, ata mensaxes nos chanzos das escaleiras; dende unha curta marabillosa, ata unha performance participativa.
Fantástico o seu traballo e tamén a receptividade dos espectadores no patio. Moitas grazas a todos.
Aquí tedes a súa actividade.



25 NOVEMBRO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO on PhotoPeach

xoves, 23 de novembro de 2017

25 NOVEMBRO

 Una agresión sexual nunca es culpa de la víctima.
“Denuncia”, “plántate”, “chama ao 016”, “non te cales”. Historicamente, as campañas sobre denuncia e prevención de violencia de xénero dirixíronse á vítima e case nunca vemos campañas que sinalen ao culpable: o que exerce esa violencia.
Pero as cousas poden cambiar se as corriximos.
 




 

mércores, 22 de novembro de 2017

TAL COMO ERAMOS (I)

 
Entregade a resposta na biblioteca co nome da persoa e o libro aquí agochado.
O prazo para a actividade será de 15 días a partir de hoxe.
Moita sorte.

TAL COMO ERAMOS

Con este concurso recuperamos un éxito de anos atrás. En que consiste o reto?
En adiviñar:
  1. Quen se agocha na foto que vos ofrecemos. Alguén do cole que, por suposto, coñecedes.
  2. De que libro falamos.
Así de simple. A que esperades? Teredes que entregar a resposta na biblioteca e listo!
Moita sorte.

DOUTRO XEITO

Cando esquecemos a táboa de multiplicar...

Vía Verne

luns, 20 de novembro de 2017

A TER EN CONTA

Un de cada catro mozos ve “normal” a violencia de xénero na parella. Continuar lendo... 
Por iso debemos recordar que, en 15 anos, morreron máis de 900 mulleres a mans das súas parellas.
E, se miramos á actualidade, co xuízo á "manada" por violación múltiple, quizais conveña insistir en que só hai un culpable das agresións sexuais e non, non son as mozas.

venres, 17 de novembro de 2017

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Neste espazo ofrecemos seis elementos motivadores cos que debatir e sensibilizar e, ademais, un banco de recursos. 
É importante detectar a desigualdade para loitar contra ela; só educando e igualdade de homes e mulleres estaremos contribuíndo a reducir e eliminar a secuela da violencia de xénero.
1.- ¡Qué niña tan bonita!
Curta de Alicia Ródenas con texto de Ro de la Torre coa que se presentou á sétima edición do concurso de curtas do instituto Diego Siloé de Albacete.
Ao longo do vídeo, a moza le cen frases ás que cada muller está exposta desde a súa nenez; entre outras: "Se te ven xogar cos mozos chamaranche marimacho" ou "Non sexas tan bruta xogando, pareces un neno".
 
2.- Sexismo no deporte
"Poderías dar unha volta para nós e dicirnos algo sobre o teu vestiario?"
Esta é unha de tantas preguntas que os xornalistas deportivos lles fan ás atletas e que recolle a campaña #CovertheAtlete.
Pois ben, como reaccionarían eles de seren tratados do mesmo xeito?
3.- As nenas poden
Campaña que nos invita a todos para que a igualdade desde a infancia sexa un obxectivo prioritario.
4.- De par... en par
Trátase da campaña do SAAMA (Servizo de Apoio e Atención contra o Machismo). Cos textos de Neus Nebón  e as ilustracións de Tania Acuña, este vídeo serve como test a todas esas condutas do día a día que forman parte da pirámide machista que remata na violencia contra as mulleres.
5.- Experimento social
Camiñar polas rúas dunha gran cidade como Nova York resulta insoportable se a persoa acaba sendo branco de acoso, disfrazado de 'simple cumprimento'.
Como parte da súa última campaña, a plataforma Hollaback!, que loita contra o acoso, condensou 10 horas de gravación neste vídeo no que a actriz Shoshana Roberts experimenta a crúa realidade coa que moitas mulleres se enfrontan cada día.

6.- Como actuamos ante a violencia machista?
Todo o mundo rexeita, sen ningún tipo de paliativos, a violencia contra as mulleres. Pero, que acontece cando somos testemuñas en primeira persoa deste tipo de agresións?

A compañía sueca STHLM Panda decidiu comprobar a reacción da xente ante a violencia de xénero. Cunha cámara oculta instalada nun ascensor, un home ameaza e agride a súa suposta parella, ante unha testemuña.
Abonda con ver o vídeo para comprobar que, aínda que a opinión e actitude da maioría cidadá é totalmente contraria a este tipo de violencia, á hora da verdade, non se actúa en consecuencia. Só unha das 53 vítimas da cámara oculta reacciona ante a agresión.
Na biblioteca, ese día, con marcapáxinas, música, libros e audiovisuais intentaremos sensibilizar, previr ou detectar situacións de risco.

mércores, 8 de novembro de 2017

DE FESTA!!

En Secundaria tivemos, a tarde do luns, un dous por un: MAGOSTO+SAMAÍN.
Por esta mistura, non foi raro ver disfraces terroríficos asando as castañas ou participando na proba de orientación que prepararon os profes de Educación Física e a profe de extraescolares.











RESOLUCIÓN CONCURSO MES BIBLIOTECA

A gañadora do concurso "15 retos para outubro" foi:
Wenjing Cheng (4º ESO)

xoves, 2 de novembro de 2017

EDUARDO PONDAL EN CINCO MINUTOS

A fundación Eduardo Pondal xunto con Asubío Média ilustran en cinco minutos a vida de Eduardo Pondal.
Este traballo audiovisual estará dispoñible en galego, castelán, catalán, portugués e euskera, intentando así que o coñecemento da vida do poeta teña un maior alcance.

CONCURSO NADAL

DECORAMOS A PORTA DA BIBLIOTECA
Ao igual que fixemos en cursos pasados, queremos decorar a porta da biblioteca para o Nadal coa vosa colaboración.
Bases:
  • Participantes: a participación será individual ou en grupo (máximo 4 persoas).
  • Prazo: a data límite para entregar na biblioteca os proxectos será o 30 de novembro.
  • Tema: o Nadal. 
  • Procedemento: realizarase o deseño nun folio no que, ademais, se expliquen os materiais empregados na súa realización. Lembrade que ha de ser papel, cartón, cinta, algodón, ou calquera material fácil de conseguir e económico.
  • Xurado composto por
  • Un membro do equipo da biblioteca.
  • Un membro do Equipo Directivo
  • A profesora de Educación Plástica e outro profesor/a do centro
  • Un delegado ou subdelegado elixido de entre os non participantes.
  • Gañador: elixirase un único premiado de entre todos os traballos presentados. 
  • Premios: realización do deseño na porta da biblioteca. Un agasallo a elixir entre: un Mp4, unha selección de libros, un videoxogo educativo, material escolar (arquivador, pen drive…)
Aquí tedes algún modelo: