luns, 27 de febreiro de 2017

CALENDARIO MULLER, 2017

Dina Mita, de Ticiana Ghiglione
Co motivo da celebración do Día Internacional da Muller traballadora, desde o equipo da biblioteca e do departamento de actividades extraescolares, propuxemos nas titorías a elaboración dun calendario coa temática da muller traballadora. Con el buscamos destacar o papel das mulleres nos distintos ámbitos do saber nos distintos momentos históricos.

sábado, 25 de febreiro de 2017

O ENTROIDO NO CLUB DE LECTURA

Un dos clubs de lectura de 1º ( o de B+C+aula PT), trala lectura de Escarlatina a cociñeira defunta, sorprendeunos cun obradoiro de cociña terrorífico.
Se queredes ver máis entrade aquí.
MESA DOCE DE ESCARLATINA on PhotoPeach

DISFRACES

E, como non, tamén nos disfrazamos.
O motivo central foron as tribos urbanas (os profes ían de rapeiros), pero houbo de todo e para todos os gustos.
ENTROIDO 2017 on PhotoPeach
Tamén houbo concurso tralo desfile e foron estes os gañadores:
Alumnos de 4º, cunha dinámica posta en escea

Alumnado de Elena (da aula PT e do club de lectura q dirixe). Un grupo con moito "rock and roll".

 Alumnado de 4º; economía de medios con excelentes resultados.

Alumnado de 2º, 3º e 4º. Dos que mellor recolleron a idea plantexada das tribos.

AMBIENTANDO O COLE

Este foi o resultado da idea que vos lanzamos. E tamén temos gañadores.
AS TRIBOS URBANAS DA BIBLIO on PhotoPeach
Os elixidos foron os autores destas tres creacións:
Alejandro Brito, Jacobo Estévez e Gonzalo Gil de 4º
Uxía Fariña, Iván Lorenzo e Luis Ernesto Piñeyro de 3º B
Alejandra Carballo, Ignacio Domínguez e Brian Gómez de 2º

venres, 24 de febreiro de 2017

CONCURSO DE DOCES


Hoxe celebramos o tradicional concurso de doces cunha altísima participación. Ao xurado, formado por profesores e alumnos, custoulle decidir, pero finalmente houbo veredicto. Rematamos a actividade coa degustación das sobremesas presentadas. Non quedou nadiña.
CONCURSO DE DOCES on PhotoPeach

Os gañadores:

  • Ivan Lavouras de 2º C: premio ao doce máis saboroso.


    • Alexia Gómez Ramos e Ana Belén Souto de 2º C: premio ao doce máis orixinal.
      • Noelia Longueira de 1º B e SIlvia Domínguez de 1º A: premio ao doce coa mellor presentación. 

      COCIÑAMOS NO ENTROIDO

      O club de lectura que Elena dirixe xa ten todo preparado para sorprender o noso padal con riquísimas presentacións. Acompañaraos Escarlatina na empresa?

           

      luns, 20 de febreiro de 2017

      FINALISTA

      Resultado de imagen de iv certame de relato curto
      No libro que recolle os relatos do IV certame de relato curto, podedes ler este que foi finalista na categoría de Secundaria.
      A autora, Genoveva Longueira Pereira, de 3º B, participou cando era alumna do IES Castelao, Vigo.
      Esperamos lela de novo nesta convocatoria; a ela e a vós.
      O País do Revés
      Era unha vez unha nena chamada Onika, a cal vivía nas aforas da cidade cos seus pais.
      Unha mañá de decembro, seu pai entrou ao seu cuarto cunha caixa e díxolle:
      —Filla, isto é para ti. Un pequeno agasallo polas túas boas notas.
      A nena deulle un bico e, ao abrir a caixa, descubriu un pequeno gatiño de cor negra e ollos verdes.
      Co tempo, o gato, ao que chamou Tim, converteuse no seu mellor amigo.
      Unha noite, mentres durmía, escoitou unha voz que lle dixo:
      —Onika, necesitámoste.
      Sobresaltouse, prendeu a luz e agudizou o oído, pero non escoitou nada. De súpeto, oíu miañar no armario, achegouse e abriuno. Entón viu o seu gato Tim, que lle dixo:
      —A miña familia e mais eu precisámoste.
      A nena, estrañada, replicou:
      —Co-como é que podes...?
      —Non importa. Tes que vir comigo.
      Saíron pola fiestra, xa que a súa casa era de planta baixa.
      —Dirixímonos ao bosque. Debemos acabar con eles canto antes —explicou Tim.
      —Pero, acabar con quen? —dixo Onika.
      —Temos que darnos présa —o gato apurou o paso.
      Chegaron ao bosque e Tim dirixiuse a un tronco oco. Entraron e a nena decatouse de que semellaba máis pequeno do que era.
      Cando chegaron, a nena non podía dar crédito ao que vía.
      Centos, quizais miles de gatos miañaban desconsolada e desesperadamente sobre cadeiras. No chan, millares de ratos ríanse e mordíanos.
       Onika, desconcertada e cos ollos coma pratos, preguntoulle a Tim:
      —Que é o que acontece?
      O gato, fitándoa aos ollos, respondeulle:
      —Nunca estiveches no País do Revés?

      24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA

      Dende a biblioteca queremos recordar a súa figura co material que, no 2012-2013, elaboramos para a exposición anual (guía didáctica) e cos marcapáxinas (anverso/reverso), deseñados por Xabier de Lingua Galega, que entregamos co préstamo; pero, ademais, aquí temos outros recursos:
       http://2.bp.blogspot.com/-l_yVD2X8c2o/VOtyhU8wvdI/AAAAAAAARXc/e6srJEmeIoQ/s1600/PrtScr%2Bcapture.jpg
      • Todas con Rosalía (Segunda parte)

      venres, 17 de febreiro de 2017

      mércores, 15 de febreiro de 2017

      CONCURSO DOCES ENTROIDO

      O día 24 terá lugar o tradicional concurso de doces.

      Participantes
      Podedes facer o doce individualmente ou en grupo de ata 3 persoas.
      Bases do concurso
      Hai que elaborar un doce e escribir a receita en tres idiomas. Non esquezades poñer o voso nome.
      Premios
      Entregaranse tres premios:
      • Ao doce máis orixinal.
      • Á mellor presentación.
      • Ao doce máis saboroso.
      Todos os participantes terán un obsequio pola súa participación.
      Xurado
      O xurado estará formado por tres profesores e un representante de alumnos.
      Lugar
      No vestíbulo da entrada. Os doces entregaranse na primeira hora do día 24. Na terceira hora todos estarán convidados a degustalos.


      martes, 14 de febreiro de 2017

      CUPIDO 2017

      Hoxe, en Secundaria, tivemos unha grata sorpresa. O alumnado de Elena (profesora PT) agasallounos cun fermoso ramo de flores.
      Foron os nosos Cupidos particulares, algún deles ben bailarín; verdade Sara?
      Grazas Elena. E grazas aos teus alumnos por pensar en nós.

      SAN VALENTÍN

      Chegou o día, moito amor para todos.

      sábado, 11 de febreiro de 2017

      CARTAS DE AMOR PARA SAN VALENTÍN

      Na entrada do colexio, os día 10, 13 e 14 de febreiro, colocaranse caixas de correo para as cartas de amor e amizade que queirades enviar.
      As cartas teñen que estar pechadas, co nome e curso do destinatario e na caixa do curso que correspoda.
      A recollida será o 14 de febreiro no segundo recreo e o reparto nos últimos 15 minutos da sexta hora.
      Serán o delegado e subdelegado de cada curso os encargados de baixar á entrada do centro para recollelas e repatilas.

      venres, 10 de febreiro de 2017

      14 FEBREIRO, SAN VALENTÍN

      O patrón dos namorados, San Valentín, foi un sacerdote romano que morreu decapitado a finais do século II, porque casaba aos mozos romanos en contra da opinión do emperador Claudio. As crónicas da época aseguran que Claudio prohibiu o matrimonio entre os mozos na crenza de que os seus soldados, se estaban solteiros, sentirían menos medo e renderían máis no campo de batalla.
      Como outros anos, celebraremos o día colgando as nosas clásicas citas para levar (agunha delas pode ser incluso vosa) e coas cartas de amor e/ou amizade que queirades enviar.
      Algúns recursos AQUÍ

      ETIQUETA NA REDE

      Fonte: Ortografía e Literatura

      xoves, 9 de febreiro de 2017

      XA PREPARADOS

      Con esta pancarta damos a benvida a todos os que queiran celebrar o entroido con nós. O traballo debémosllo a Laura (Plástica), Elena (PT) e ao seu alumnado.
      Quen non se vai querer disfrazar con este convite???
      Recordade, as tribos urbanas serán o motivo!

      xoves, 2 de febreiro de 2017