sábado, 25 de marzo de 2017

CAMBIO DE HORA

Esta noite non esquezades.
Este costume de atrasar o reloxo en inverno e adiantalo en verán empezouse a usar de forma xeneralizada en 1974 tras a primeira crise do petróleo. O obxectivo era poder aproveitar mellor a luz do sol e consumir menos electricidade.
O cambio supón un aforro potencial estimado de enerxía que podería alcanzar o 5%, ao redor de 300 millóns de euros, segundo estimacións do Instituto de Diversificación para o Aforro Enerxético (IDAE).
Non obstante, non todo o mundo está de acordo con este cambio de hora. A Comisión Nacional para a Racionalización dos Horarios Españois (ARHOE), insiste na importancia de non efectuar este cambio para "estar en harmonía coa luz solar".
Esta medida non só se adopta en España, senón que se leva a cabo nuns 70 países en todo o mundo; en concreto, todos os países de Europa, América do Sur, África, algunhas zonas de Estados Unidos e Canadá. É Xapón o único país industrializado que non se adaptou a esta normativa.

xoves, 23 de marzo de 2017

27 DE MARZO, DÍA MUNDIAL DO TEATRO

 

O día 27 de marzo celébrase, dende o 1961, o Día Mundial do Teatro, por iniciativa do Instituto Internacional do Teatro (ITI).
Un dos actos máis representativos é a circulación da Mensaxe Internacional, tradicionalmente escrita por unha personalidade de prestixio. O elixido este ano é o recoñecido Dario Fo, escritor satírico italiano, nacido en 1926.
Aquí destacamos algúns recursos e páxinas de interese para desenvolver o tema nas aulas:

xoves, 9 de marzo de 2017

15 DE MARZO. DÍA DO CONSUMO RESPONSABLE

O 15 de marzo de 1963, o presidente de USA, John F. Kennedy, pronunciou un discurso ante o Congreso dese país no que incidiu en catro dereitos básicos dos consumidores:
  • Dereito a produtos e servizos seguros.
  • Dereito a ser informado.
  • Dereito a elixir.
  • Dereito a ser escoitado.
Algúns años máis tarde, no 1983, o movemento de consumidores comezou a celebrar cada 15 de marzo o Día Mundial dos Dereitos do Consumidor para aumentar a conciencia mundial e, aos catro dereitos mencionados, engadiron outros catro:

  • Dereito á satisfacción de necesidades básicas.
  • Dereito a ser compensado/a.
  • Dereito á educación.
  • Dereito a un medio ambiente san.
    Aproveitando a data propoñemos:

    • Analizar a publicidade comparándoa coa que se facía antes.



    • Concienciar coa axuda do vídeo.

    luns, 6 de marzo de 2017

    SEMANA DA PRENSA, DO 6 AO 10 DE MARZO

    Se te achegas á Biblioteca de Secundaria, poderás ver e ler distintos tipos de publicacións:
    LUN 6: PRENSA DEPORTIVA 
    MARTES 7: PRENSA XERAL 
    MÉRCORES 8: DIVULGACIÓN 
    XOVES 9: OCIO E TEMPO LIBRE 
    TODOS OS DÍAS: PRENSA DIXITAL E EXPOSICIÓN PRENSA INTERNACIONAL