mércores, 26 de abril de 2017

SOMOS TERRITORIO DAS ARTES

A proposta que lanzamos para o día do libro xa obtivo resultados.
Aquí podedes ver algúns dos carteis eleborados polos alumnos.
TERRITORIO DAS ARTES on PhotoPeach

mércores, 19 de abril de 2017

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Celebrámolo agasallando aos nosos lectores co díptico que, como cada ano, edita a Consellería de CEOU. Neste caso, cun texto orixinal de Rosalía Fernández Rial.

Tamén organizamos unha exposición de carteis feitos polo alumnado sobre as disciplinas artísticas, convertindo o centro en territorio das artes. En breve poderemos disfrutala.

venres, 7 de abril de 2017

DÍA DA SAÚDE

Hoxe, para celebrar o día, repartimos brochetas de froita que prepararon os alumnos de 4º da ESO.
Tamén tivemos unha exposición sobre froitas "descoñecidas" que despois puidemos degustar.

xoves, 6 de abril de 2017

CO ILUSTRADOR

Foi todo un éxito a actividade.
Comezou Xosé Tomás facendo unha introdución teórica ao cómic, para continuar coa participación activa do alumnado. Aquí o podedes ver.

Agradecemosao tamén o agasallo que nos deixou:


martes, 4 de abril de 2017

OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN

O xoves 6, o profesor e ilustrador Xosé Tomás realizará, co alumnado de 2º e 3º, un obradoiro creativo co que pescudar e experimentar coa banda deseñada.
Saquemos os astistas que agochamos!!!