martes, 6 de xuño de 2017

II FEIRA DO LIBRO DO CPI A CAÑIZA

  Tras o éxito do ano pasado da Feira do Libro e de novo coincidindo  coa semana das Letras Galegas, o día 19 de Maio celebramos a segunda edición desta Feira na que os nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria intercambian libros, fomentando así o seu hábito lector nun ambiente festivo. 

O noso agradecemento especial as nosas eficientes e sempre dispostas colaboradoras da Biblioteca




Cada participante recibiu a cambio dos libros
entregados uns bonos que o día da Feira eran usados como pago




Que felices cos seus libros novos!




Cada neno/a participante  nesta actividade tiña
como agasallo unha chapa coa nosa querida mascota, Pandore










Desde o Equipo de Biblioteca queremos dar as grazas a todos os participantes, sen vós esta actividade non sería posible.

CONTACONTOS EN EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

En  abril, para celebrar o día do libro, tivemos dous contacontos, un para os máis pequenos e outro para os maiores.
Dos máis pequenos encargouse Iago López, que nos contou o conto que acaba de publicar coa editorial Xerais, "O cociñeiro Martiño".

       




Moitas grazas a Iago por vir a deleitarnos co seu conto que como sempre foi todo un éxito entre os nenos e nenas da Cañiza.

En canto aos maiores, puideron disfrutar coa orixinalidade de Sabela Gago na posta en escea dos seus contos na que os propios nenos e nenas son os que deciden a temática, os personaxes, etc.


Agradecemos tamén a Sabela a súa visita e o rato divertido que nos fixo pasar.

luns, 5 de xuño de 2017

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Nun día coma hoxe insistimos en que hai que coidar o que nos rodea.
Por iso aproveitamos esta idea de Ecoembes para recordalo.

sábado, 3 de xuño de 2017

X XORNADAS CLUB LECTURA

O 17 de xuño serán as X Xornadas do clubs de lectura nas que nos representarán Esther (Lingua Castelá) e 8 alumnos.
X Xornada dos Clubs de Lectura 2016-2017
Alex, Andrea e Jesús de 4º da ESO, xunto con Alejandra, Brian, Jésica, Ignacio e Rubén de 2º poderán disfrutar de obradoiros, performance, mesas de autores... con Carlos Negro, Miguelanxo Prado, Xosé Tomás, Andrea Maceiras, Rosa Aneiros, María Reimóndez, Ledicia Costas... ou César Mallorquí entre outros.
Ata terán unha "quedada entreclubs". Con quen lles tocará compartir?

DESPEDIDA

Comezamos o curso cun vídeo de Carles Capdevila, a quen hoxe queremos despedir recordando algunha das súas múltiples intervencións sobre a misión de educar.